A protección da privacidade nos servizos dixitais en liña é unha preocupación crecente, especialmente co aumento da recollida de datos persoais por parte de empresas e organizacións.
Garantir a privacidade dos servizos dixitais en liña, aparte de ser unha obriga legal, tamén é unha cuestión ética entre as persoas usuarias.
Nos seguintes bloques afondaremos en temas como:
- A privacidade dos datos e as apps gratuítas.
- O control de privacidade e a pegada dixital.
- A actividade dixital segura.
