Saltar navegación

4.3.1. Adiccións ás novas tecnoloxías

Adiccións ás novas tecnoloxías

As novas tecnoloxías forman parte da nosa vida dende fai relativamente pouco tempo, aínda que neste lapso conseguiron facerse un oco importante no día a día de moitas persoas. Incluso chegando ao punto de poder converterse nunha adicción.

Xente con teléfono. Adicción

A importancia é tal que no ano 2011, a oficina de correos británica Royal Mail levou a cabo un estudo cunha mostra de máis de 2000 persoas, onde máis da metade resultaron ter unha adicción ao teléfono móbil. Así se acuñou o termo inglés “nomophobia” (”no-mobile-phone-phobia”) ou nomofobia, é dicir, sentir medo ao non ter acceso ao móbil.

Persoa con teléfono negro con fondo de fotografía

Pero as novas tecnoloxías van máis aló do teléfono intelixente. Os ordenadores, as tabletas, videoconsolas, reloxos, televisores..., todos teñen algo en común: unha rápida resposta aos nosos comandos e interactividade. A satisfacción producida ao utilizalos fai que sexa doado que se converta nunha adicción.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)