Como facer unha rede segura?
Protexer as redes é crucial, xa que conteñen información persoal e sensible ao que poden acceder persoas non autorizadas senón se protexen. As persoas que se dedican á piratería informática empregan información para roubar datos persoais e lanzar ciberataques, comprometendo a seguridade e a privacidade dos nosos dispositivos.
Modificar o nome de usuario e o contrasinal
Os provedores de wifi asignan automaticamente un nome de usuario e un contrasinal á rede e os e as hackers poden atopar facilmente estes contrasinais por defecto en Internet.
Cifrado das redes sen fíos
É unha das formas máis eficaces de protexer os datos da rede. Funciona codificando os teus datos e o contido da mensaxe para que non poida ser descifrado polos e polas hackers. O cifrado máis seguro, a espera da xeralización do WPA3, é WPA2 (poden existir dispositivos con máis de 10 anos de antigüidade que non sexan compatibles coa WPA2). Para comprobar se o teu router emprega o cifrado WPA2 debes revisar a rede e comprobar as propiedades sen fíos.
Empregar unha rede privada virtual (VPN)
Unha VPN é unha rede que permite comunicarse a través dunha rede non segura e sen cifrar de forma privada. Unha VPN encripta os teus datos para que o ou a hacker non poida coñecer o que estás facendo en liña ou onde te atopas.
Unha VPN tamén alterará o seu enderezo IP, facendo que pareza que emprega o seu dispositivo dende outra localización distinta ao seu domicilio.
Ocultar a rede
Ao configurar a rede por primeira vez, pediráseche que crees un nome de rede visible, tamén coñecida como SSID. É posible que moitas persoas usuarias próximas teñan por defecto o mesmo nome asignado, o que podería ser un pesadelo para a seguridade de tódalas redes se non están encriptadas.
Desconexión da rede
Parece sinxelo, pero desconectar a rede é unha das maneiras mais fáciles de protexela naquelas etapas do día que non se empregue.
Software do router actualizado
O firmware do router, como calquera outro tipo de software, pode conter vulnerabilidades que os e as hackers poden aproveitar. A maioría dos routers non dispoñen dunha actualización automática, polo que se terá que recorrer a unha actualización manual.
Empregar cortalumes
A maioría dos routers wifi conteñen un cortalumes de rede que protexe as conexións de banda ancha e evita os ataques de intrusos e intrusas á rede. Teñen a opción de desactivalos, polo que é importante comprobar dito cortalume.
Colocación do router
Un router situado cerca dunha ventá ou dunha porta pode aumentar as posibilidades de que a wifi sexa interceptada por alguén.
Activar o filtrado de enderezos MAC
A maioría dos routers de banda ancha teñen un identificador único chamado enderezo físico ou enderezo de control de aceso ao medio (MAC). Pode mellorar a seguridade limitando o número de dispositivos que poden ter conexión á rede.
Desactivar a configuración remota (administración)
Esta administración remota permite a calquera que estea o suficientemente cerca do router ver ou modificar a configuración da wifi. Sempre é mellor que esta función se encontre desactivada.


