Saltar navegación

4.3. Protexer a saúde e o benestar

A medida que as novas tecnoloxías se integran cada vez máis nas nosas vidas, xorden tamén riscos asociados ao seu uso excesivo ou incorrecto. Estes riscos non só afectan á nosa saúde física, senón tamén á mental. Aínda que as tecnoloxías ofrecen innumerables beneficios, é importante contar con información e a preparación adecuada para identificar e afrontar os perigos que poden aparecer. Neste apartado trataremos de xerar estratexias e recursos para evitar estes riscos para a saúde. Tamén desenvolveremos a capacidade de protexernos dos riscos que podemos encontrar nos contornos virtuais.

Neno con gafas de realidade virtual

Obxectivos

Ao finalizar este bloque conseguirás:

  • Identificar os principais riscos para a saúde dos usos da tecnoloxía e os perigos asociados a contidos dixitais que poden ameazar o benestar dixital.

  • Seleccionar formas simples de protexer a saúde e evitar os riscos e ameazas para o benestar físico e mental no uso das tecnoloxías dixitais.

  • Avaliar e indicar tecnoloxías dixitais para o benestar e a inclusión social.

  • Coñecer as consecuencias dun uso prolongado das tecnoloxías e saber actuar para evitar riscos e ameazas para a saúde física e mental.

  • Tomar medidas preventivas para protexer a saúde.

  • Aprender a buscar información sobre os riscos e perigos para a saúde dos medios dixitais e saber onde pedir axuda para protexernos de xeito individual e para protexer a outras persoas.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)