Saltar navegación

U.D. 2 VALORO, DECIDO E EMPRENDO

“- Poderías dicirme, por favor, que camiño debo seguir para saír de aquí?

- Isto depende en gran parte do sitio ao que qeiras chegar.
- Non me importa moito o sitio.
- Entón, tampouco importa moito o camiño".

Alicia no país das Marabillas 

SignpostPixabay.com. CC0 Dominio Público

Na primeira unidade vimos a importancia de autocoñecernos para marcar as nosas metas e ser persoas autónomas co maior control posible do noso itinerario persoal e profesional, describimos as calidades das persoas emprendedoras e coñecimos o papel das persoas empresarias na sociedade. Ben, todo isto é importante para dar un novo paso: decidir o noso lugar no mundo laboral, marcar as nosas coordenadas profesionais!

Hacia donde ides”, “que pasos debedes dar para conseguir as vosas metas profesionais” son algunhas das preguntas que vos faremos para axudarvos no deseño da vosa carreira profesional. Os obxectivos finais son: tomar conciencia das decisións tan importantes que tomaredes para a vosa vida e tomar as primeiras decisións vocaionais e profesionais, preparados e preparadas?