Saltar navegación

Situación do emprendemento en España

Nada tarda tanto en chegar como o que nunca se empeza”

Alain, filósofo

Por que hai máis emprendedores/as nuns países ca noutros?. Segundo estudos non temos o mesmo ánimo emprendedor e empresarial ca países como por exemplo: Estados Unidos, Alemaña, Francia, China ou Holanda. A que se debe?.

ISDI. En que consiste a actitude emprendedora?. Youtube licenza estándar

Sabemos que definir o espírito emprendedor non é doado, debido a que hai moitas características que teñen unhas persoas e outras non, pero que de calquera xeito fan que teñan éxito; na actualidade o espírito emprendedor é sinónimo de creatividade, innovación, cambio, ou toma de riscos. E o maior obstáculo ao espírito emprendedor é o medo, o medo ao fracaso xa que a medida que nos facemos adultos, decatámonos que a aprobación do resto depende dos nosos logros, polo tanto na loita polo equilibrio entre logro e ambición, a meirande das veces rebaixamos as ambicións. Por iso decantámonos por traballos estables aínda que menos ambiciosos.

Se analizamos o que ocorre en España, podemos sacar as nosas propias conclusións. Observamos a falta de vocación empresarial, a pesares de ter un gran número de universitarios e universitarias, mozos e mozas ben preparados,  preocupados polo seu futuro e con moitas gañas de aprender.  A razón podería ser debido a unha Universidade que continúa a ser demasiado teórica, illada da práctica e pouco multidisciplinar, unido ao escaso ensino dos valores referidos ao carácter emprendedor en niveis inferiores, como en secundaria e primaria. Pódese mellorar esta situación?.