As persoas empresarias en España
Cales poden ser os motivos de que España esté por debaixo do posto 30 no ranking mundial á hora de emprender?. E que no 2015 non se atope na lista das 50 mellores empresas innovadoras?
Propoñemos a lectura e análise dos seguintes artigos:
- http://www.eleconomista.es/gestion-franquicias/noticias/6470154/02/15/El-emprendimiento-se-da-a-la-fuga-por-las-dificultades-para-montar-un-negocio-en-Espana.html
A lectura destes artigos leva a unha reflexión de cal é a situación actual no noso país. Trátase de que saquedes conclusións resaltando as vantaxes e obstáculos que se presentan aos actuais e aos futuros emprendedores e emprendedoras.
Poden ser moitas as ideas xeniais e a necesidade de implantalas na sociedade pero, en ocasións, non son levadas a cabo por diferentes causas, como pode ser a situación económica global ou nacional e as dificultades administrativas e burocráticas que se nos presentan ao levar á práctica esa idea. Nove de cada dez españois que poñen en marcha un negocio quéixanse dos trámites a afrontar e a falta de financiación.
ESTUDO DE CASO: JUAN MANUEL CRUJEIRAS LISTA
Descubre neste POSTER INTERACTIVO QUE CONSTA DE DÚAS IMAXES (pincha nos circuliños) a entrevista que lle fixemos a Juan Manuel Crujeiras Lista, cociñero, e fundador do restaurante " A Estación" de Cambre que conta con 1 Estrella Michelín e un Sol Repsol.
Debate: Cales son as dificultades coas que se atopou Juan na súa empresa? Coñeces máis causas que dificulten a posta en marcha dun negocio?
Autoría: Entrevista a Juan Manuel Crujeiras Lista. Prendendoemprendemento. Ana Casal e Isabel Calvo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0