Emprego público
A única parte donde o "éxito" aparece antes que o "traballo"’ é no diccionario
Vidal Sasson
Teño pensado traballar na Administración Pública

Administración. Pixabay.com. CC0 Dominio Público
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIAS E BOLETÍNS OFICIAIS
Hai que ter en conta que a Administración Pública está dividida en diferentes organismos e que a oferta de emprego pública (OEP), convocatorias e procesos de selección aparecen publicados nos correspondentes Boletíns Oficiais:
• Boletíns oficiais das Provincias (BOP): prazas convocadas polos Concellos desa provincia e Deputacións Provinciais.
• Boletíns oficiais das Comunidades Autónomas (por exemplo o de Galicia: DOG): prazas da Xunta de Galicia e outros organismos dependentes delas, as 3 Universidades galegas.
• Boletín oficial do Estado (BOE): prazas da Administración do Estado, os seus Organismos Autónomos e Universidades.
• Diario oficial das Comunidades Europeas (DOCCEE).
As convocatorias de emprego e o proceso de selección das institucións da UE podes atopalas na seguinte dirección: http://europa.eu/epso/discover/index_es.htm#
Podes consultar todas as convocatorias públicas no seguinte enlace: www.empleopublico.eu
O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN
Persoal Funcionario: sometido ao réxime estatutario (Lei de Función Pública), divididos en grupos e categorías:
- GRUPO A1: Desempeñan fundamentalmente tarefas de dirección e alta xestión.
- GRUPO A2: Responsables de tarefas de execución e xestión.
- GRUPO B: Tarefas sen determinar.
- GRUPO C1: Realizan traballos de carácter administrativo, contable, mantenemento dos arquivos, etc.
- GRUPO C2: Encárganse de tarefas administrativas de apoio, atención ao público, etc.
- Funcionarios interinos: Son os nomeados por razóns de necesidade e urxencia.
- Persoal Laboral: traballadores ao servizo da Administración contratados por ésta da acordo coa lexislación laboral (Estatuto dos Traballadores)
SISTEMAS DE SELECCIÓN
- OPOSICIÓN: Celebración dunha ou máis probas para determinar a capacidade e aptitude dos aspirantes e fixar unha orde de puntuación. O temario do exame e as probas especifícanse nas bases da convocatoria.
- CONCURSO: Valoración dos méritos dos aspirantes para fixar unha orden de puntuación, xa que en función dos resultados establécese unha orde de maior a menor puntuación. Os méritos consisten en horas de formación en un ou varios temas estipulados, tempo traballado nas administracións, etc. A adxudicación de puntos regúlase a través dun baremo que aparece publicado nas bases da convocatoria.
- CONCURSO - OPOSICIÓN: Sistema mixto no que se combinan os dous anteriores: exames e valoración de méritos.
- LISTADOS DE CONTRATACIÓN: bolsas de traballo. Sistema de contratación directa do persoal a partir duns listados previamente elaborados, poden ser de dous tipos:
- Abertas: Algúns organismos abren listados de contratación de distintos perfís profesionais nas que se puede apuntar calquera que cumpra as condicións e requisitos que se establecen para o posto de traballo. A selección faise mediante a valoración do curriculum e dos méritos achegados (títulos académicos, cursos especializados, experiencia ou anos traballados para a administración). Exemplo destos listados son as da Xunta de Galicia e o SERGAS.
- Pechadas: Son aquelas que se forman coas persoas que aprobaron unha oposición pero que non acadaron praza. Estas listas chámanse pechadas porque non se poden inscribir candidatos a maiores aínda que teñan a titulación ou experiencia suficiente.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0