Itinerarios para chegar por primeira vez

Mapa peglable. Pixabay.com. CC0 Dominio Público
Xa sabes cales son as túas metas? Ben, pero como poder chegar a elas? Tes un único itinerario ou podes escoller entre varios? Que pensas? Coñeces a persoas que están no mesmo posto de traballo e que sen embargo teñen diferentes titulacións?
Para responder a esta pregunta plantexámosvos a seguinte tarefa grupal e un reto.
DESEÑA ITINERARIOS
A proposta é que en grupos de 3-4 compañeiros/as fagades INFOGRAFÍAS con ITINERARIOS FORMATIVOS E PROFESIONAIS de persoas nas seguintes situacións:
1. itinerarios formativos posibles sen ESO, con ESO, con Bacharelato, cun título profesional (pode ser de FP ou Universidade). Por exemplo: una persoa sen ESO pode ir a educación de adultos ou...
2. itinerarios profesionais posibles sen ESO, con ESO, con Bacharelato. P.ex: unha persoa sen ESO se ten a FP Básica pode....
3. itinerarios profesionais a partir dunha titulación profesional (pode ser de FP ou de Universidade): debedes indicar posibles postos de traballo, diferentes accesos a esos postos, diferentes requisitos, etc. Exemplo: un psicólogo/a podería traballar como orientador/a, como psicólogo clínico nun gabinete, nunha empresa en Recursos Humanos, nunha cárcere con poboación reclusa, nun concello con programas específicos, nun hospital, etc.
4. itinerarios para chegar a desempeñar un posto concreto, o que decidades. P. ex: para ser orientador/a tes que estudar o Grao de Pedagoxía, Grao de Psicoloxía ou ter a Licenciatura de Psicopedagoxía e facer un Master específico de educación.
RECURSOS: podes empregar as versións gratuítas de Genial.ly, Piktochart ou calquera app que che guste para realizar as infografías.
RETO: SERVIZO DE ORIENTACIÓN
Ides a compartir todo o que sabedes cos vosos compañeiros e compañeiras do instituto. Esta vez o reto é: organizar un servizo de orientación no recreo durante unha semana. Simularedes ser orientadores/as e recolleredes as dúbidas dos vosos compañeiros para darlle resposta xunto co voso orientador/a.
Como o faremos? Da seguinte maneira:
- Organizarédevos en grupos de 3-4 compañeiros.
- A clase acordará co voso orientador/a o horario no que ofreceredes este servizo. Escolleredes unha semana e cada grupo realizará este servizo de asesoramento durante un recreo.
- Entraredes nas titorías dos grupos para dar a coñecer este servizo e comunicaredes a vosa ubicación (sitio visible: corredor, entrada do centro) e o que ides a facer: informar e asesosar sobre itinerarios en colaboración co departamento de orientación, tamén podedes facer folletos e carteis informativos sobre algunha saída profesional, itinerario, etc
- Crearedes un posto de información visible e atractivo que inclúa mesa e sillas e, ordenador portátil con conexión.
A TÚA LÍNEA DO TEMPO
Para finalizar propoñémosvos que realizedes de maneira individual a vosa propia línea do tempo. Tendes que indicar nos próximos 5 anos cal serán os pasos educativos e profesionais que seguiredes para chegar á vosa meta. Podedes empregar a seguinte aplicación ou calquera outra opción que vos guste:
WEBS: ITINERARIOS LOMCE E TITULACIÓNS
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0