Saltar navegación

Mulleres emprendedoras

"As veces sentimos que o que facemos é tan só unha pinga no mar, pero o mar sería menos si lle faltara unha pinga”

 Teresa de Calcuta

CUESTIÓN DE XÉNERO

Datos. Isabel Calvo e Ana Casal

Analizando os datos

Por que estas cifras? Cales son os principais motivos para explicar esta gran diferencia?.

As mulleres emprenden menos, principalmente por motivos culturais. Parece que a aventura e o risco continúan a estar máis relacionados co ámbito masculino, aínda as cousas están cambiando.  Por outra banda, a ambición polo triunfo e o éxito económico e de recoñecemento social, ao longo e décadas, foron atributos menos fomentados nas mulleres.

Ademáis emprender obriga a renunciar, pospoñer ou deixar nun segundo plano outras facetas da vida. Necesítase estar “obsesionado” coa idea, e pode que as mulleres teñan un maior rango de prioridades cos homes. E como maior expoñente, está a maternidade que pode condicionar a carreira profesional da muller.

Outro gran problema que se encontran as mulleres á hora de arrancar o seu proxecto é a financiación: soen arrancar os seus negocios cun 50% menos de capital cos homes. Aínda que  hai varios factores que parecen indicar que o futuro depara un cambio a positivo para  a muller neste campo.

Aínda así, e a pesar dos numerosos obstáculos cos que teñen que enfrontarse, segundo os datos da GEM (Global Entrepreneurship Monitor) está a aumentar o número de mulleres que deciden  emprender en diferentes sectores.

Como exemplo, presentamos este vídeo dunha emprendedora galega e que nos servirá para reflexionar e analizar a situación do emprendemento no ámbito feminino:

Emprendedoras Galicia.Nova emprendedora: MONET TECNOLOXÍA E INNOVACIÓN. Youtube licenza estándar

UNHA OLLADA ATRÁS

VIDEO BIOGRÁFICO DE MARIE COURE,  VALENTINA TERESHOVA E ÁNGELA  RUÍZ

Prendendo o emprendemento. Marie Coure. Isabel Calvo e Ana Casal

Prendendo o emprendemento. Ángeles Ruíz. Isabel Calvo e Ana Casal

Prendendo o emprendemento. Valentina Tereskova. Isabel Calvo e Ana Casal

GLASS CEILING

Glass ceiling  ou  teito de cristal é unha metáfora que fai referencia ás barreiras invisibles que as mulleres encontran no camiño  cando intentan abrirse  paso cara postos de maior responsabilidade, dificultando o avance das mesmas nas súas carreiras laborais (Roldán, Leyra y Contreras, 2012; Barberá, 2003).

Afonda neste concepto e investiga casos de mulleres que libraron este obstáculo. Pode ser que no teu entorno teñas exemplos, toma nota deles porque poderás aportalos na reportaxe que terás que presentar ao final deste punto. 

SON PAISES PARA EMPRENDEDORAS?

Hai grandes diferenzas segundo o país no que as mulleres deciden emprender? A resposta é si.

Contrasta os datos que obteñas en canto o número de mulleres que deciden emprender segundo diferentes países de distintos continentes e fai un diagrama de barras comparativo que amose os datos de mulleres emprendedoras segundo os países elexidos.

Reflexiona sobre as diferenzas e propón solucións para mellorar os datos nos países con menor número de emprendedoras.  

REPORTAXE

Xa tes información suficiente para a realización da túa reportaxe: poderá ser un artigo escrito ou unha presentación. Farase en grupo de 4 alumnos e alumnas e terás que facer referencia aos seguintes puntos:

  • Datos comparativos de emprendedores homes e mulleres en España e noutros países.
  • Mulleres que destacaron ao longo da historia por emprendedoras.
  • Glass ceiling.
  • Países para emprendedoras.
  • Solucións para fomentar o emprendemento feminimo.

RUBRICAS