É o mesmo ser empresario/a ca emprendedor/a?
A discusión está servida: son os mesmos conceptos? Están relacionados aínda que non son o mesmo, determina a diferenza elemental coa axuda do seguinte video:
ISDI. Emprendedor ou empresario? Hai diferenzas?. Licenza de Youtube estándar.
Basicamente o emprendedor/a é a persoa á que se lle ocorren as ideas sen ser empresario/a. O/a empresario/a é xeralmente quen executa as ideas, quen xestiona o negocio, a empresa, o que non quita que o empresario teña ideas de negocios e que o emprendedor xestione o seu propio negocio. De aí a confusión entre ambos conceptos.
A persoa emprendedora visualiza unha oportunidade que representará a ocasión de xerar beneficios económicos, que producirá cambios no mercado, impactará ao individuo e a sociedade por si mesmos, xerando un desenvolvemento económico. De aí a súa relación coa situación económica e a súa importancia no desenvolvemento económico dun país.
Temos claros os conceptos? Existen emprendedores/as con éxito no teu entorno máis inmediato e tamén a niveis superiores. Pensa e escribe no teu caderno personaxes famosos ou anónimos nos que se distinga se é un emprendedor/a, empresario/a ou ambos especificando a incidencia do seu traballo na economía do seu entorno máis inmediato. Se tiveras que elexir, cal pensas que aporta máis á sociedade?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0