Saltar navegación

Intelixencias Múltiples. Intelixencia Intrapersoal e Autonomía

Coñecer ben aos demáis é intelixente, coñecerse ben a si mesmo é sabiduría"

Albert Einstein

Cada persoa é única. Ti es único/a, non hai ninguén igual ca ti. Ninguén. Incluso se eres xemelgo/a, cada un dos irmáns sodes diferentes.

Gadner, un estudioso da mente e actualmente unha das referencias máis importantes neste campo, partiu da conclusión de que a intelixencia non é unha como hai tempo se pensaba e centrou a súa investigación na identificación dos tipos de intelixencias. Ao conxunto destas intelixencias chamoulle "intelixencias múltiples", nós partiremos destas intelixencias para axudarche a definir...como es!. 

Mira con atención este vídeo, nel atoparás a descrición de cada unha das intelixencias múltiples de Gadner:

GrupoEducareInteligencias Múltiples.Licenza de Youtube estándar 

As persoas temos diferentes expresións en grao e calidade das capacidades, habilidades e destrezas relacionadas con cada unha das intelixencias polo que podemos concluír que a combinación delas configura a identidade de cada persoa. Poderías dicir como es? Coñeceste ben? Coincide o que opinan os demáis coa opinión que tes de ti mesmo/a? Todas estas preguntas que che estamos a facer teñen moito, mooooitooo que ver cunha das intelixencias que sinala Gadner. Saberías dicir cal? Siiiii, premio!! Efectivamente estamos falando da intelixencia intrapersonal!

Pero por que é tan importante a intelixencia intrapersonal? E sobre todo que ten que ver coa Autonomía? A intelixencia intrapersoal permíteche recoñecer os teus puntos fortes e febles para poder establecer metas e ter unha imaxe realista de ti mesmo/a. Para resolver estas cuestións imos a facilitarche unha serie de recursos e ...si,si, imos a plantexarche a elaboración dun produto, preparados e preparadas?