Saltar navegación

Itinerarios para seguir: a carreira profesional

"So hai dous días ao ano nos que non se pode facer nada: onte e mañá"

Dalai Lama

Por carretera. Pisabay.com . CC0 Dominio Público

O habitual na vida dun traballador/a é que cambie de posto de traballo e incluso de empresa. Un chega por primeira vez a un posto de traballo e logo é habitual que tente mellorar. Dentro da propia empresa, tamén se estuda a que posto pode aspirar o traballador/a en función da súa valía, profesionalidade e formación. Si, si formación, porque iso de deixar de formarse non é algo realista. As profesións evolucionan e temos que seguir formándonos para estar actualizados e ser competentes no noso sector. 

Podedes ver algúns dos aspectos que se teñen en conta nos departamentos de recursos humanos para decidir a promoción dun traballador ou traballadora e definir o seu plan de carreira dentro da empresa na seguinte infografía:

Autoría: Plan de Carreira. Prendendoemprendemento. Isabel Calvo e Ana Casal. Imaxes incluídas no repositorio de Genialy.

CASO: PROMOCIÓN NA EMPRESA

Business. Pixabay.com. CC0 Dominio Público

Analizaredes os seguintes casos:

A empresa "X" está neste momento valorando a posibilidade de promocionar a un/ha dos seus traballadores/as para cubrir unha vacante no posto de "Coordinador do departamento de creación e xestión de aplicacións multiplataforma". Temos varios candidatos e temos que decidir cal sería o/a candidato/a ideal para o posto. Para elo temos que valorar os puntos que aparecían na anterior infografía e os que aparecen nos modelos de profesiogramas que vos presentamos máis adiante. Razoa se estos traballadores poderían optar a algunha destas prazas e que requisitos cumpren para o posto:

1. Pablo ten 27 anos e leva 5 anos como desarrollador de aplicacións multiplataforma, neste tempo ten deseñado produtos que aumentaron nun 10% as ganancias da empresa. Gústalle traballar so, lévase ben cos compañeiros e compañeiras pero é máis eficiente no traballo individual. Acaba de finalizar un master relacionado co seu posto de traballo. Destaca pola súa creatividade, polas ganas de aprender, pola súa enerxía e dinamismo. É moi bo no seu traballo e necesita estímulos para seguir avanzando. Está a piques de irse ao seu novo piso para iniciar vida en parella. Sospeitase que está recibindo ofertas doutras empresas.

2. Luz ten 38 anos, é unha das empregadas de maior percorrido na empresa, leva 15 anos traballando. É unha boa traballadora. Ten habilidade especial para relacionarse, o equipo de traballadores confía nela e é desas persoas que crean un clima de traballo agradable. Coñece ben a historia da empresa e está moi comprometida cos obxectivos da mesma. Encántalle viaxar e non ten compromisos persoais e familiares que atender.

Para completar a tarefa terás que:

1º Elaborar o profesiograma do posto para ver que candidato ou candidata reúne os requisitos

2º Seleccionar o candidato/a especificando que puntos do profesiograma cumpre 

3º Deseñar o seu plan de formación  

Non existe un modelo de profesiograma único, debe estar adaptado á empresa e posto, en todo caso debe incluír os seguintes apartados:

  • A denominación do posto de traballo
  • A descripción profesional do posto
  • A descripción técnica do posto
  • A descrición orgánica do posto
  • Outras características e necesidades

Aquí tes un par de enlaces con modelos que poden resultarche útiles: