Emprego por conta propia: emprendemento
“Cualquera cousa que a mente poida concebir e creer, pode ser conseguida”
Napoleon Hill, escritor estadounidense

Isabel Calvo e Ana Casal
Se buscas seguridade e comodidade persoal, mellor non te metas a emprender, xa que sacar un negocio adiante implica estar disposto a loitar, ter moita enerxía persoal e, asumir riscos.
Pero se tes unha idea e as capacidades e habilidades necesarias para levar a cabo o teu proxecto e queres desenvolver a túa carreira profesional como empresario/a, estás no apartado correcto.
O reto que che propoñemos é que decidas levar a cabo unha idea de negocio en grupos de 4. Despois dun debate, e de analizar a vosa idea de negocio, con preguntas “ ¿Qué produtos ou servizos vou ofrecer ao mercado? Cal vai ser o meu modelo de negocio? ¿Que innovación, desde o punto de vista tecnolóxico ou empresarial, aporta a miña empresa? pasamos ao seguinte punto.
QUE É O QUE FAI FALTA PARA MONTAR UNHA EMPRESA?
Basicamente tres cousas fundamentais:
• Unha idea viable (hai que concretala, madurala e analizar a súa viabilidade)
• Un emprendedor ou emprendedores co perfil adecuado (Formación e/ou experiencia acordes coa idea, motivación empresarial, capacidade para asumir riscos, capacidade de comunicación e de "vender" ideas).
• Un plan de empresa
Que é e para que serve o plan de empresa?
É un documento que sirve para planificar os pasos a seguir no desenvolvemento do noso proxecto empresarial
Ten varias utilidades:
• É necesario para acceder ás subvencións que conceden os distintos organismos públicos.
• Serve tamén a empresas en funcionamento necesiten modificar a súa actividade totalmente ou parcialmente.
A continuación proporcionamos unha serie de pautas que todo emprendedor o emprendedora debería seguir á hora de elaborar o seu Plan de Empresa.
- IDENTIFICACIÓN Do PROXECTO
- PLAN DE MARKETING
- PLAN DE OPERACIÓNS
- PLAN DE RECURSOS HUMANOS
- PLAN DE INVERSIÓNS E UBICACIÓN
- PLAN ECONÓMICO FINANCIEIRO
- ESTRUCTURA LEGAL DA EMPRESA
- CALENDARIO DE EXECUCIÓN
- RESUMO E VALORACIÓN
QUE FACTORES DETERMINARÁN O ÉXITO DA MIÑA EMPRESA?
- A existencia dun nicho de mercado desatendido ou un mal servizo ou produto ofrecido pola competencia
- Un exhaustivo análise de mercado. Trátase de investigar se existen clientes dispostos a pagar polo que ides ofrecer. E, en ese caso, quen son, onde viven, que fan e por que comprarían o noso produto ou servizo. Tamén hai que analizar como é o sector onde vou a competir e cemo vai a evolucionar Nos próximos anos. Para obter estes datos podedes consultarse información en Internet, realizar un traballo de campo e observación, facer pequenas enquisas e entrevistas a clientes potenciais, etc
- Dispor dos recursos necesarios e as capacidades adecuadas.
- Preparar unha estratexia empresarial que optimice os recursos e as posibilidades da empresa.
- Ter capacidade directiva e de comunicación.
QUE DETERMINA A FORMA XURÍDICA A ELEXIR
A elección da forma xurídica virá determinada por:
• Tipo de actividade que se vai a exercer.
• Número de participantes no proxecto empresarial.
• Responsabilidade das persoas promotoras.
• Relacións que manteñen as persoas asociadas entre si.
• Necesidades económicas do proxecto.
• Aspectos fiscais da empresa.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0