Saltar navegación

AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA

“Os homes métense nos rápidos pero non saben a donde van nin o que queren.

Entón, axítanse e dan voltas" 

O Principiño

Reveal.Pixabay.com .CC0 Dominio Público

Temos como obxectivo conseguir que sexas máis consciente da importancia do autocoñecemento para tomar decisións persoais e vocacionais. Para elo aprenderás algo máis das intelixencias e da relación da intelixencia intrapersoal coa autonomía e, coñecerás o perfil da persoa emprendedora co fin de que averigües se tes madeira de emprendedor/a. Finalmente, terás varias propostas para que descubras algo máis das persoas emprendedoras e de ti mesmo/a. Empezamos!