Colectivos específicos
“Non fracasei, encontrei 10.000 maneras nas que isto non funciona”
Thomas Edison, inventor da lámpada incandescente
Seguramente ao reflexionar sobre a situación do emprendemento no mundo e máis concretamente no noso país, pensaches nas dúas cuestións que a continuación che presentamos:
- A primeira está referida a unha cuestión de idade: emprendemento xuvenil. Pódese ser xove e emprendedor/a?
- A segunda está referida a unha cuestión de xénero: emprendedor ou emprendedora? Por que a maior parte das persoas emprendedoras son homes?. Non vos resulta curioso?
Para resolver estas cuestións presentarémosche algúns emprendedores/as xoves, algunhas ideas para desenvolver o emprendemento na etapa escolar, programas, axudas e concursos que podes ter en conta se queres ser unha persoa emprendedora e datos tan interesantes do emprendemento feminino como: o tipo de empresas que adoitan emprender as mulleres, os frenos cos que se encontran e, algúns exemplos de mulleres emprendedoras de diferentes épocas.
Realizarás varias actividades que culminarán nun acto conmemorativo do día da muller traballadora e emprendedora que tratará tamén o emprendemento xuvenil.
RETO: ACTO CONMEMORATIVO ADICADO Á MULER TRABALLADORA E EMPRENDEDORA

Woman. Pixabay.com. CC0 Dominio Público
Plantexámosvos un reto que abre as portas do noso centro a toda a comunidade. A proposta que vos facemos é solicitar a nosa participación na celebración do Día da muller traballadora no concello ou, de non ser posible, nun acto de centro que abriremos a todas as persoas do concello que queiran asistir. A vosa intervención terá que recoller o aprendido no apartado de emprendemento xuvenil e feminino así como parte dos contidos elaborados (reportaxes, videos). Teredes que incluír:
-Datos investigados referidos á situación do emprendemento xuvenil e feminino
-Propostas para mellorar a súa situación
-Unha frase impactante que dé título á vosa intervención
-Algún exemplo de xove emprendedora
A intervención non debe ser superior a 15-20 minutos. No centro daremos publicidade á vosa participación para que os veciños e veciñas do concello poidan escoitar e ver todo o que sabedes sobre o tema.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0