Saltar navegación

Emprego por conta allea

"Encontra un traballo que che guste e non terás que traballar un so día da túa vida"

Confucio

Decides traballar por conta allea? Para iso temos que coñecer a oferta xerada por empresarios/as  á que podes acceder directamente ou a través de intermediarios como:

 • Servizos Públicos de Emprego (SAE)

• Axencias de Colocación sen ánimo de lucro.

• Empresas de Traballo Temporal.

• Bolsas de Traballo.

• Consultores de Selección de Recursos Humanos.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                       Isabel Calvo e Ana Casal

Unha vez coñecida a oferta, é imprescindible adoptar unha actitude positiva e activa, sen esquecer planificar e organizar os pasos a dar, xa que así minimizarás tempo e esforzo e non dependerás da sorte.

Detallamos deseguido os pasos para triunfar nesta búsqueda.

 

COMO OFRECERME A UNHA EMPRESA?

Se nos interesa traballar para unha empresa determinada, existen dúas vías:

  • RESPONDER a ofertas de emprego  publicadas na prensa, internet, axencias de colocación. Estes anuncios adoitan dar información sobre o tipo de empresa, o sector a que se dedican e o perfil da persoa candidata ao posto. O candidato ideal non existe, as empresas adoitan adaptarse á demanda,  polo que non dubides en arriscarte, sempre que intúas a mínimo posibilidade, contacta canto antes xa que os prazos de admisión péchanse en poucos días.  É recomendable responder aos anuncios nos que, ao teu xuízo, reúnas ao menos dúas das condicións requiridas do posto de traballo e perfil do candidato.
  •  AUTOCANDIDATURA: Ocorre cando, aínda que nese momento non haxa un posto ofertado, tomamos a iniciativa de dirixirnos a unha empresa. É unha estratexia eficaz, pois reducimos a competencia, aínda que hai que dominar as técnicas de presentación. As empresas  gardan os CV que reciben por si nun futuro necesitan cubrir unha vacante (non durante moito tempo, pasado un tempo volve a envialo). Existen varías vías:
  1. Telefónica.
  2.  Persoalmente: Indicadas en categorías profesionais como: explotacións agrícolas, hostalería, comercio.  Antes de visitar as empresas ou centros de traballo tes que elaborar un listado de todas aquelas que consideres que poidan ter postos vacantes e planificar as visitas (agrupándoas por proximidade xeográfica para que te resulten máis económicos os gastos de desprazamento), tendo moi claro como vas a presentarte: demostrando ter iniciativa e saber cando hai que retirarse. Infórmate da persoa responsable da contratación para poder conseguir unha entrevista con ela; tamén debes levar preparada a presentación, así como un exemplar do teu currículum.
  3. Carta ou correo electrónico: Enviando unha carta de prospeccióné una combinación entre o currículum e a carta de presentación.  Está estruturada en 4 parágrafos:
  •  Primeiro parágrafo: Destaca a razón pola que contactas coa empresa.
  •  Segundo parágrafo: Explica por que queres traballar nesa empresa e o que podes aportar á mesma.
  • Terceiro parágrafo: Define en poucas liñas o teu perfil: idade, titulación académica máis alta que posúas, o que máis se adapte ao posto que optas, experiencia profesional, etc.
  • Cuarto parágrafo: Despedida, de forma educada destaca a posibilidade dunha entrevista e informa da túa dispoñibilidade.

Importante: Comprométete a visitar un número mínimo de empresas ao día e á semana e fai un rexistro delas.

COMO DARNOS A COÑECER?

Os medios máis habituais para darnos a coñecer son:

• Currículum Vitae (CV)

• Carta de presentación, que é a túa tarxeta de presentación que acompaña ao currículum. Nela reflectimos as nosas actitudes, habilidades, capacidades, competencias e motivacións que queremos destacar do  CV.

Pincha nos circuliños da seguinte presentación interativa.

Autoría: Curriculum. Prendendoemprendemento. Ana Casal e Isabel Calvo. Imaxes incluídas no repositorio de Genialy.

 

VIDEO: Como elaborar o teu CV

 

Prendendo o emprendemento. CV . Isabel Calvo e Ana Casal

Recursos para ampliar:

COMEZA O PROCESO DE SELECCIÓN

As principais probas de selección ás que nos imos a afrontar son as seguintes:

a) Probas de coñecementos: avalían o grao de coñecemento adquiridos a través do estudo ou da práctica relacionados co posto de traballo. Poden ser orais ou escritas.

b) Probas psicotécnicas: mediante as que se trata de descubrir as capacidades e a adecuación do candidato/a a un posto de traballo concreto. 

c) Probas de personalidade: tratan de coñecer rasgos da personalidade dos aspirantes (carácter,  forma de ser, autocontrol, sociabilidade, introversión, emocionalidade, impulsividade, etc).

 d) Probas de simulación: recrean situación reais e cotiás do posto de traballo polo que se opta. As máis habituais son: Role Play, bandexa de chegada (in basket), dinámicas de grupo, etc.

e) Entrevista de traballo: diálogo entre entrevistador/a e entrevistado/a no que a comunicación verbal e non verbal (xestos, posturas,.) forman parte do intercambio de información. 

VIDEO: Consellos prácticos para as probas de Coñecementos e Psicotécnicos

Prendendo o emprendemento. Consellos para probas psicotécnicas e de coñecementos. Isabel Calvo e Ana Casal

VIDEO: Tipo de entrevistas e fases

Prendendo o emprendemento. Tipos de entrevistas. Isabel Calvo e Ana Casal

EN TODA ENTREVISTA CONSIDÉRASE

AS PROBAS QUE TRATAN DE APRECIAR CAPACIDADES E APTITUDES MIDEN ASPECTOS COMO:

PREGUNTAS FRECUENTES QUE PODEN XURDIR NUNHA ENTREVISTA E CONSELLOS PARA RESPONDELAS

É importante que leas as preguntas frecuentes nunha entrevista laboral e as recomendacións para responder, seguro que facelo che saca dun apuro!. Preme nos números da imaxe interactiva.

Autoría: Preguntas frecuentes que poden xudir nunha entrevista e consellos para respondelas. Prendendoemprendemento. Ana Casal e Isabel Calvo.

SIMULACIÓN: SELECCIÓN DE EMPREGO

Persoal. Pixabay.com. CC0 Dominio Público

Xa tomaches nota de todo o que debes saber se queres buscar emprego por conta allea? Ben, pois agora propoñémosvos que fagades a representación dunha entrevista de traballo que será gravada en vídeo. Ao final da actividade visulizaremos todos os vídeos e abriremos un debate no grupo-clase.

Divididos en grupos de 4 alumnos e alumnas: Dous de vos desempeñaredes o papel de candidato e os outros dous serán os que realicen a entrevista de traballo.

As tarefas nos grupos estarán repartidas da seguinte forma:

  • Os candidatos e candidatas deberán elaborar un CV e unha carta de presentación para a empresa
  • Os entrevistadores ou entrevistadoras deberán ser os que deseñen as probas de selección. 

RECURSOS: DONDE BUSCAR EMPREGO

 Entrepreneur. Pixabay. CC0 Dominio Público

A continuación deixámosvos unha listado de enlaces de emprego (ofertas de traballo) e de programas/ofertas que combinan formación e emprego: 

Emprego

Formación e emprego