Saltar navegación

MANUAL DE USO

Lectura. Pixabay.com. CC0 Dominio Público

FERRAMENTA EMPREGADA 

Os materiais que presentamos poden usarse libremente, están elaborados coa ferramenta que poderás descargar premendo na imaxe:

Creative Commons: Recoñecemento-non comercial-compartir igual 4.0

SE ES PROFESOR OU PROFESORA

Podes modificar os materiais desta web. Recomendámosche colgala na aula virtual para que o alumnado teña acceso. No caso de que empregues "Prendendo o Emprendemento" coa metodoloxía flipped clasroom o alumnado precisará poder consultar os recursos na casa, é convinte polo tanto que os aloxes nalgún sitio ou os compartas con google drive.  

SE ES ALUMNO O ALUMNA

Enseguida te familiarizarás con este material dixital, non supón ningunha dificultade, unicamente tes que lelo igual que fas cunha das webs que adoitas visitar. Encontrarás recursos case todos audiovisuais (videos, presentacións, imaxes interactivas)  e enlaces e recursos que che permitirán realizar as actividades propostas: resolver retos, supostos, realizar un produto, organizar un evento, etc. No caso de que precises empregar aplicacións gratuítas da web 2.0, terás un titorial explicativo.

É moi importante que empregues o diario de traballo, nel deberás reflectir o proceso seguido na realización dos proxectos encomendados.