Saltar navegación

U.D. 1. PODO SER EMPRENDEDOR/A?

“Tan so hai tres grupos de persoas:

as que fan que as cousas pasen,

as que miran as cousas que pasan e

as que preguntan que pasou”

Nicholas Murray Butler,político e rector  (1901)

  

Question mark. Pixabay.com. CC0 Dominio Público

Nesta unidade ímonos centrar no Autocoñecemento e a Autonomía. Farémosche varias propostas para que descubras e reflexiones sobre as túas cualidades e averigües se o concepto que ti tes de ti mesmo/a é axustado e preciso. Terás que ter moi presente o potencial das persoas, é dicir, terás que ser consciente de que podes desenvolver aquelo no que destacas así como mellorar as túas “debilidades”; podemos dicir que todo o tempo facemos camiño para construír a persoa que somos. Ademáis, nesta unidade descubrirás, que relación hai entre autocoñecemento e autonomía.

Finalmente, mergullarémonos no apaixoante mundo das persoas emprendedoras, para elo plantexarémosche novos retos e propostas para descubrir cal é o perfil da persoa emprendedoraidentificar a iniciativa emprendedora en cada un/unha de vós, coñecer a situación do emprendemento xuvenil e feminino, recoller datos da evolución do emprendemento en Españavalorar o papel dos emprendedores/as na nosa sociedade, coñecer a diferencia entre emprendedor/a e empresario/a e identificar os tipos de emprendedores/as empresarios/as.