1.000 leguas de viaxe a min mesmo/a
AUTOCONCEPTO: AUTOESTIMA. MOTIVACIÓNS
Ao comezo desta unidade dicíasevos que a intelixencia intrapersoal está relacionada co autocoñecemento. Este novo VIDEO explícavos conceptos básicos para entender: que é o autoconcepto, a diferencia autoconcepto-autoestima e, a importancia das motivacións.
Prendendo o emprendemento. Autocoñecemento. Isabel Calvo e Ana Casal
Acabas de ver como a medida que nos facemos maiores as nosas autopercepcións son máis detalladas e analíticas e determinados criterios como os físicos deixan de ser ser tan importantes para dar maior peso a outros.
LEMBRA: a opinión que tes de ti mesmo/a evoluciona!.
Xa sabes un montón de cousas sobre o Autocoñecemento, sabes porque é tan importante para tomar decisións, sabes que ten etapas e que podemos ter dificultades para recoñecer as nosas cualidades, tamén eres consciente de que autocoñecerse e ter metas fainos máis independientes, menos vulnerables á manipulación. É momento de seguir avanzando no autocoñecemento, fixándonos agora nas competencias que se requiren actualmente no mundo laboral. Coñecer o teu nivel de desenvolvemento actual nestas competencias te marcará a ruta persoal e profesional a partir de agora.
COMPETENCIAS PERSOAIS E PROFESIONAIS
Seguramente en moitas ocasións tes escoitado ou incluso comentado “para que hai que estudar todo isto?”. No seguinte video poderás encontrar a resposta. Hai máis relación entre o que estudas e o mundo laboral do que seguramente pensas. Presta moita atención á historia do reclutamento de traballadores/as, que é a que xustifica que no sistema educativo falemos de competencias.
Prendendo o emprendemento. Competencias profesionais. Isabel Calvo e Ana Casal
ACTIVIDADE: DAFO
Damos un novo paso, é momento de analizar as túas limitacións, os teus potenciais, as túas fortalezas e as túas debilidades. Descubrilo permitirache identificar máis facilmente as competencias e calidades nos persoaxes escollidos para facer a súa biografía, facer a túa biografía e coñecerte un pouco máis.
Imos a axudarche cun dos recursos que se empregan no mundo laboral para estudiar a viabilidade dunha empresa: a táboa DAFO!! Un DAFO é unha táboa cuias siglas fan referencia ás seguintes matrices: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades. Xa que o noso obxectivo final é descubrir a nosa capacidade para emprender que mellor que empregar un recurso propio no mundo das persoas que emprenden proxectos!
ACTIVIDADE: FORTALEZAS E COMPETENCIAS PROFESIONAIS
Agora vas a dar un novo paso e relacionar as túas fortalezas coas competencias profesionais que se esixen en varios postos de traballo. Para elo deberás :
1. botar unha ollada ás competencias das profesións do seguinte enlace: http://www.sepe.es/indicePerfiles/indicePerfiles.do?idioma=es
2. escoller tres opcións profesionais que inclúan as fortalezas que indicaches no teu DAFO
Esta actividade é individual, lembra empregar o teu diario de traballo.
PRODUTO: COLECCIÓN DE BIOGRAFÍAS
-
1ª parte (grupal): colección de biografías breves de persoas coñecidas que ao longo da historia fixeron unha aportación importante á humanidade. Xunto á biografía e na folla seguinte debe aparecer unha relación das cualidades e competencias persoais e profesionais da persoa que describides. Para elo teredes que profundizar na comprensión dalgunhas destas calidades e competencias que se explican nos vídeos anteriores.
-
2ª parte (individual): colección coas vosas biografías resaltando en positivo algunhas das cualidades que descubrides en vós mesmos/as; tendes que incluír, igual que na primeira parte, cualidades en positivo e competencias persoais e preprofesionais.
Para completar, teredes que:
-
propoñer un título para a colección de libros da aula e facer unha introdución na que se describa que encontraremos na colección xustificando a relación da importancia do autocoñecemento para ser autónomos/as.
-
descubrir a que compañeiro/a corresponde as biografías do alumnado da clase; será moi curioso intercambiar opinións e coñecer se estas coinciden, isto permitirá ser conscientes da visión que os demáis teñen de nós memos/as.
Recursos para elaborar o documento
Recursos para coñecerse a se mesmo
- http://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/
- http://www.eligeprofesion.org/pro_002.asp?ipag=12
- http://www.edu.xunta.es/fp/descubre-a-tua-vocacion
- http://testorientacion.uchceu.es/es/questionnaire
- http://www.educarueca.org/IMG/pdf/Mis-cualidades-personales.pdf
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0