Actualidade da muller emprendedora
“Gustaríame ser un 150% emprendedora e un 150% nai, pero encontrei moi difícil ser as dúas cousas.
Son un 75% e un 75% (mellor que o 100% pero menos do que adoito ser no traballo)”
Barbara Corcoran, fundadora da The Corcoran Group
Durante a última década, as mulleres emprendedoras españolas, fóronse equiparando aos homes á hora de crear unha empresa. En España, durante 2012, xa houbo un 23% máis de mulleres emprendedoras, en parte pola gran cantidade de despidos, que curiosamente para moitas mulleres estase a converter nunha oportunidade e un reto.
Toda crise é una oportunidade, e así o pensaron moitas mulleres emprendedoras, que decidiron dar o salto e crear a súa propia empresa. En definitiva, a falta de oportunidades está sendo clave para que as mulleres de España estean decidindo embarcarse nun novo proxecto.
Pero, como é o perfil da muller emprendedora? Como son as empresas que crean ? Existen diferencias coas que crean os homes?. Verémolo a continuación!
No seguinte vídeo podemos ver tres mulleres, tres lugares e tres visións, unidas nun mismo relato sobre a aventura de emprender
Emprendedoras Galicia. Encontros con CAMPANTE, O COLMADO E SIGMANOR. Licenza de Youtube estándar
PERFIL DA EMPRENDEDORA EN ESPAÑA

CARACTERÍSTICAS DAS EMPRESAS

Características das empresas. Isabel Calvo e Ana Casal
COMO SON AS MULLERES QUE EMPRENDEN EN ESPAÑA

Como son as mulleres que emprenden. Isabel Calvo e Ana Casal
ENTREVISTA A UNHA EMPRENDEDORA
Le a seguinte entrevista que lle fixemos a unha emprendedora galega, podes vela na seguinte imaxe interactiva (pincha nos circuliños)
Autoría: Entrevista a emprendedora. Prendendoemprendemento. Ana Casal e Isabel Calvo
PONTE NA SÚA PEL
Agora toca poñerse na pel dunha muller que decide iniciar a aventura de crear a súa propia empresa, para facer un relato individual no que expliques cal é a túa situación, as túas motivacións, e o tipo de proxecto empresarial que decides levar a cabo. Os relatos serán lidos por cada un de vos na clase e, entre o grupo clase, elexiredes os tres máis creativos e orixinais. As lecturas grabarémolas e subirémolas a Vimeo.
Para a realización do relato analiza, reflexiona, revisa a información que vas recollendo a longo deste apartado.
RÚBRICA
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0