PRENDENDO O EMPRENDEMENTO
Formas de emprender
“Sempre fun un emprendedor, pero nunca foi unha cuestión de cartos. Gústanme os retos, canto máis difíciles mellor”
Terry McAuliffe, político
No punto anterior logramos definir aspectos comúns nas persoas emprendedoras pero, podemos encontrar formas diferentes de emprender? É habitual que pensemos que a única forma de emprender é a través dun negocio, pero non sempre é así, hai outras formas, non só é emprendedor ou emprendedora quen ten unha empresa. Mira o seguinte video para coñecer os seguintes ámbitos nos que se pode emprender.
Prendendo o emprendemento. Formas de emprender. Isabel Calvo e Ana Casal
BUSCA E ATOPA
Busca algún exemplo de emprendemento en cada ámbito e inclúeo no teu diario de traballo:
- Social
- Deportivo
- Cultural
- Cívico
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0