SOÑA, EMPRENDE!
“Acepta a responsabilidade de facer dos teus sonos unha realidade”Les Brown
inKNOWation .Es emprendedor? Atrévete a soñar. Licenza de YouTube estándar
CONTO

Book. Pixabay. CC0 Dominio Público
Un sabio paseaba co seu discípulo por unha paraxe totalmente desértica, onde non había nada, nin casas, nin tendas, nin estradas, nada. No medio desa paraxe viron que había unha casa moi pobre e decidiron achegarse. Naquela choza vivía unha familia: o pai, a nai e cinco fillos, vestidos pobremente. Ou sabio preguntoulle ao pai da familia: "Neste lugar non hai nada, como fan para sobrevivir aquí?
O pai respondeu: "pois nós temos unha vaca que nos dá varios litros de leite todos os días. Unha parte do produto vendémolo ou cambiámolo por outras cousas e coa outra parte facemos queixo, callada, etc., para o noso consumo e así é como imos sobrevivindo."
O sabio agradeceu a información, despediuse e foise. Cando percorreran un tramo, o sabio díxolle ao seu discípulo: "Volve, colle a vaca e empúxaa por aquel precipicio". O discípulo contestoulle espantado: " Pero como vou facer eu iso? Esa vaca é o único que teñen para sobrevivir, non podo matala!", pero o sabio con moita calma volveu repetir: "Volve, colle a vaca e empúxaa por aquel precipicio". O discípulo obedeceu moi triste.
Aquilo quedou gravado na memoria daquel xove durante algúns anos. Ao cabo do tempo, aínda con sentimento de culpa polo que fixera, o discípulo decidiu voltar para pedirlles perdón á familia polo que fixera.
Con todo, cando chegou a aquela paraxe, observou que no lugar da choza había unha casa moi bonita, cun xardín precioso, un coche na porta, moitos xoguetes por todas partes. Nun primeiro momento o discípulo pensou que aquela familia tan humilde non sobreviviría sen a vaca, pero pronto se deu conta que aqueles nenos que xogaban no xardín eran os mesmos que el coñecera tempo atrás. Entrou na casa e viu que alí estaban o pai e a nai da familia, moi felices. Preguntoulles: "Fai un tempo vin e non tiñan nada, Como fixeron para prosperar deste xeito?"
E o pai contestou: "Pois moi fácil, antes tiñamos unha vaca que nos daba leite, a metade vendiámola e a outra metade consumiámola", pero un bo día a vaca morreu e tivemos que aprende a facer outras cousas diferentes, a desenvolver outras habilidades que nin sequera sabiamos que tiñamos. Conformámosnos co que nos daba esa vaca. Cando xa non a tivemos, puidemos medrar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0