Saltar navegación

BÚSQUEDA DE EMPREGO

Se te caes sete veces, levántate oito!

Proverbio chino 

Entrevista. Pixabay.com. CC0 Dominio Público

Imaxina que xa tes o teu primeiro título e decides buscar emprego. É frecuente que te preguntes: por donde empezo, cal é a forma de buscar emprego máis eficaz para conseguir o meu obxectivo. Por que... tes un obxectivo, non si? Ás veces ocorre que cando nos decidimos a iniciar a busca de emprego, non temos claro nin sequera de que traballar. Ben, se esto é así, debes saber que o primeiro paso é aclararse e responder de forma concreta: en que quero traballar?

Tamén pode ocorrer que finalmente teñas claro que o teu non é traballar para ninguén, que tes unha boa idea e queres levala a cabo pola túa conta, vamos, que tes claro que tes madeira de emprendedor ou emprendedora.

Vemos polo tanto que existen tres grandes vías polo que podemos acceder ao mercado laboral:

 -  Administración Pública

-   Emprego por conta allea

-   Emprego por conta propia

Para aclarar por donde empezar e que pasos dar, aquí encontrarás moita información, empezamos!