Sociedade emprendedora: cara a unha sociedade mellor
“Ir xuntos é comezar. Manterse xuntos é progresar. Traballar xuntos é triunfar”
Henry Ford

Cabeza_orixinal. Santiago Raimundo.Wikimedia commons. CC0 Dominio Público
As metas que se propoñan os emprendedores deben ser nobres e enfocadas a conseguir unha sociedade mellor, afirma Steve Wozniak, cofundador xunto con Steve Jobs da empresa Apple. O obxectivo de Steve, cando iniciou a creación do que máis tarde sería a computadora Apple I, era facer algo que servira e revolucionara á sociedade . "Un empeza cunha meta, unha meta dalgún xeito para mellorar á humanidade, mellorar á sociedade, facer que o traballo sexa mellor", destacou. Este enxeñeiro electrónico sinala que nunca pensou facer negocio cando deseñaba a nova computadora.
Wozniak é un exemplo de emprendedor que coa súa labor proporciona melloras á sociedade. O papel que desempeña na sociedade é importante e, por iso, tamén o é fomentar o espírito emprendedor.
Unha reflexión sobre as palabras de Wozniak lévamos a pensar que cando decide emprender non só se move polo afán de facer cartos, se non pola procura de contribuír a mellorar o mundo no que vive.
As achegas dos emprendedores e emprendedoras foron, é continúan a ser, moi positivas para o progreso social xa que contribúen ao desenvolvemento intelectual, cultural e material na sociedade que lles toca vivir. Naqueles países nos que non se fomente o espírito emprendedor haberá unha peor calidade de vida para os seus habitantes. Polo tanto, ter unha actitud emprendedora, iniciar proxectos e poñelos en marcha xeneran emprego, riqueza social e desenvolvemento global.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0