TAREFA FINAL: PATRIMONIOGLOG
PATRIMONIOGLOG
Nesta parte fomos afondandono no concepto de Patrimonio, relacionado coa historia, tipoloxía, cultura... Tendo isto en conta, a tarefa final deste módulo consiste en deseñar e crear un Glog, un póster interactivo, individual/parella dos aspectos máis relevantes sobre todo o que engloba o termo Patrimonio.
Empregaredes Glogster, unha aplicación web que vos vai permitir crear e compartir o voso póster multimedia interactivo.
Podedes inserir con gran facilidade textos, ligazóns ou imaxes así como arquivos de audio ou vídeo; tanto desde o ordenador como desde Internet. Unha das súas vantaxes é a posibilidade de gravar audio e vídeo desde Glogster para o que unicamente necesitades ter un micrófono e unha webcam conectados ao voso ordenador.
Ánimo nas vosas creacións!
AXUDA PARA O GLOG
Seguide este pasos e botade unha ollada aos seguintes titoriais:
- Crear unha conta (Create Account) para o que necesitades un email. Unha vez rexistrados, pulsando en Login accededes á aplicación co nome de usuario e contrasinal elixidos.
- Crearedes, en grupo, un póster seguindo as instrucións do titorial. Unha vez publicado (Save and Publish). No caso de que querades, podedes inserilo nun repositorio virtual co código (Embed code) ao pulsar o botón Share Glog. Outra posibilidade moi útil é imprimilo, para iso facede clic co botón dereito do rato e elixide a opción PRINT GLOG.
Titoriais de axuda:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0