A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO
¿COMO COIDAR O NOSO?
O Camiño e o resto do Patrimonio actual, chegaron a nós grazas as accións, intencionadas ou non ,dos nosos antergos por conservalo.
O feito de que os Camiños Primitivo, Norte e Francés sexan Patrimonio da Humanidade fainos sentir orgullosos pero tamén responsables ante todo o mundo da súa conservación. Teñen a máxima protección posible pero na nosa man está o seu coidado.
Como algo noso que é, así debemos coidalo. Debemos:
- PROTEXER o noso Patrimonio.
- CONSERVAR as cosas tradición e bens inmateriais.
- ACRECENTAR o noso legado.
- DIFUNDIR o que se atopa menos coñecido e merece ser recoñecido.
- INVESTIGAR e interpretar os restos e as voces que nos chegan do pasado
- TRANSMITIR ás seguintes xeracións o noso Patrimonio.
Para facer que o Camiño e o noso Patrimonio siga vivo, útil, respetado e recoñecido,tanto na casa como no mundo.
Se nós non facemos nada, o noso Patrimonio entrará nesta outra lista. A de Patrimonio Mundial en perigo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
