DIFUSIÓN DO NOSO CATÁLOGO DE BENS
COMPARTIMOS O QUE SABEMOS
Agora que xa coñecemos ben o noso concello, imos compartir o noso coñecemento co resto da comunidade escolar. As nosas familias, os nosos veciños e veciñas e os visitantes e peregrinos poderán coñecer mellor o noso contorno.
O primeiro que podemos facer é difundir o noso traballo no noso centro educativo. Para iso, podemos levar a cabo varias accións:
- Publicamos na web do centro educativo a nosa guía.
- Imprimimos copias do traballo para que formen parte do fondo da nosa biblioteca.
- Se temos periódico do centro ou radio escolar podemos adicar un apartado a presentar o catálogo.
- Podemos organizar unha exposición no centro coas fotografías máis destacadas do noso catálogo.
DENDE O NOSO CONCELLO PARA O MUNDO
Para darlle a maior difusión posible ao noso catálogo, buscaremos que chegue ao maior número de público posible. Para logralo, escribiremos unha carta formal ao concello e á Consellería solicitando que incorporen o noso traballo nas súas web e no seu fondo bibliográfico.
REFLEXIONAMOS...
Unha vez rematada a tarefa. Reflexiona e debate cos compañeiros/as.
- Coñeciamos o noso concello o suficiente?
- Que é o que máis nos gusta do concello?
- Cres que o Camiño de Santiago marcou a historia da nosa zona? Por que?
- Cales cres que son as amenazas que poñen en risco o patrimonio no noso concello?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0