Saltar navegación

MIRANDO POLO CAMIÑO

A valoración do noso Patrimonio é algo que, ás veces, esquecemos ou que simplemente non consideramos importante.

A proximidade a elementos patrimonais fai que moitas veces non os vexamos como elementos extraordinarios da creatividade humana, senón como elementos habituais da nosa contorna. E sorpréndenos ver a xentes de outras terras e países lonxanos, percorrer grandes distancias para observar, fotografar, camiñar, escoitar ou simplemente sentarse en silencio, para entrar en contacto con paisaxes, ruínas, cantigas, doutros tempos e outras xentes, que a nós nos parecen habituais ou comúns cando menos.

Esa habitualidade é a que nos fai perder a perspectiva. O camiño que pasa pola nosa porta, non é un camiño sen máis. É o Camiño! Aquel que seguiron os peregrinos desde tempos inmemoriais e aquel no que as súas pegadas compactaron a terra que conforma a senda cara a Compostela. 

Cada paso que damos por esa senda, ponnos en contacto con eles, desde o primeriro peregrino ata nós. E é a nosa obriga recoller o testigo, pasalo as seguintes xeracións, igual ou mellor que o atopamos. Continuando un camiñar que empezou alá polo século IX e nos deu forma a nós e a nosa terra.

O Camiño ao seu paso por MondoñedoO Camiño ao seu paso por Mondoñedo. Turgalicia (Cesión de uso.Todos os dereitos reservados)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0