Saltar navegación

O PATRIMONIO COMO BEN PÚBLICO

O PATRIMONIO COMO DOMINIO PÚBLICO

Se antes dixemos en que consistía o Patrimonio, é a hora de saber por que é tan importante, e por que debemos velar e vixiar pola súa conservación.

Moitas veces a presenza de algunha ruína ou xacemento dentro dunha propiedade privada supón un “ problema” para o propietario. Restos arqueolóxicos ou algún tipo de paisaxe son percibidos polos propietarios coma algo negativo que vai impedir o seu uso e explotación.

O problema é tal porque non se percibe como algo valioso, se non como unhas “árbores calquera ou un montón de pedras sen máis”

Porén, o patrimonio non é propiedade privada. É un anaco de historia viva de todos nós ,e, polo tanto, de interese para todos, sexamos da bisbarra ou non. Son fitos do xénero humano ou natural que nos poden servir como referencia para entender non só o pasado ou o futuro, se non tamén o noso presente. A súa perda fainos máis orfos e illados do noso pasado.

Os Bens de Interese cultural son de desfrute público, forman parte da nosa identidade. Cando son de propiedade privada están obrigados a ter un acceso para o público, uns días fixos ao mes para a súa visita. Ahí é donde é difícil conciliar os intereses privados e públicos, cando aparecen os problemas de conciliación de intereses os do propietario e os dos visitantes.

ESTUDAMOS UN CASO CONCRETO

Nesta nova de prensa preséntanse dúas posturas enfrontadas, sobre o uso e disfrute do Patrimonio. Debe ser público ou privado? Que pensas ti? Preme no titular do xornal para ler a nova completa en relación a un das coleccións de orfebrería antiga máis importantes do noso país. 

Enlace a páxina web

A continuación, podes ler o cartafol do Museo Provincial de Lugo coa información do torques de Burela para coñecer por que é unha peza de tanta relevancia.

FACEMOS UN DEBATE...

Propónse un debate defendendo as dúas posturas na procura dun acordo.

Podes consultar aquí a rúbrica para o debate antes para coñecer o que se espera da actividade e despois para autoavaliarte.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0