Saltar navegación

INVENTARIAMOS

Agora que coñecemos o contexto xeográfico e histórico do concello podemos comezar a inventariar e catalogar.

Inventariar consiste en elaborar unha listaxe dos elementos ou bens que conforman o patrimonio dun lugar ou empresa. Organizaremos os bens patrimoniais por categorías ou pola súa localización. 

COMO É UN INVENTARIO DE PATRIMONIO?

A continuación podemos observar fichas oficiais de inventario e catalagación que utiliza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para os bens de Galicia.

Como podes observar utilízanse distintos tipos de documentos en relación coa categoría do ben a inventariar.

FACEMOS O NOSO INVENTARIO

Escollemos bens a integrar na nosa guía e facemos fotografías.

Elaboramos fichas de inventario nas que deben aparecer, alomenos, os seguintes elementos:

  • Número de identificación: poderemos asignar un número ou clave a cada un dos bens a inventariar.
  • Nome: indicaremos o nome do ben ou xacemento.
  • Localización: lugar, parroquia, concello, provincia. É importante engadir as coordenadas xeográficas (podemos consultalas en Google Maps).
  • Materiais/técnicas empregadas.
  • Descrición
  • Estado de conservación: indicar o estado, as modificacións ou danos que presenta.
  • Propiedade
  • Redactores
  • Data
  • Observacións: neste apartado podes explicar a relación do ben coa paisaxe e o contorno.

É moi importante que fotografemos cada ben dende diferentes puntos de vista. Ademais se é posible, deberiamos incluír fotografías da ubicación concreta. 

Sería recomendable indicar cun croquis ou mapa onde se atopa para unha fácil localización posterior.

A continuación podes consultar unha proposta de fichas de inventario e catalogación que podedes utilizar. 

QUE DEBEMOS CONSEGUIR?

Debemos comprobar que cumprimos cos requisitos que se nos solicitan. Para iso elaboraremos unha folla de rexistro cos elementos mínimos que deben aparecer no noso inventario. 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0