Saltar navegación

ISTO É PATRIMONIO OU NON?

REFLEXIÓN

Calquera elemento que consideremos  que merece ser conservado, polos valores que transmite, pola súa singularidade ou a súa antigüidade, pode e debe ,ser protexido. E calquera de vós pode iniciar un proceso para a súa conservación, como veredes máis adiante.

O patrimonio é un reflexo da sociedade na que está situado, polo tanto, cada sociedade ten uns criterios para xulgar o que debe ser conservado e protexido. Non obstante hai elementos tan extraordinarios que poñen de acordo a todas as sociedades sobre a importancia de conservalos. Van máis alá dunha cultura local ou nacional, son o resultado da cultura humana no seu conxunto. Estes son os elementos que conforman o Patrimonio Mundial. Entre estes están Os Camiños de Santiago Francés, o do Norte e o Primitivo. 

Na actualidade, o concepto de Patrimonio é moito máis amplo e diverso que en tempos pasados, a visión do patrimonio como algo illado da súa contorna e propia dos séculos pasados. Hoxe queremos máis. Non só o fito destacado, senón tamén o lugar onde está situado, que sexa o máis “auténtico” posible. É moi importante a relación  do fito co territorio e a paisaxe cultural entre sí.

Ese Camiño que pasa polas vosas aldeas,  que bordea as vosas leiras, é unha senda recoñecida por tódolos países do mundo como algo singular de grande valor, e pasa polas portas das vosas casas. Polo tanto tamén teñen un valor engadido que lles dá o Camiño. 

Isto soa importante, non si?

Xente dende moi lonxe percorre centos de quilómetros para pasar por eles, seguindo as pegadas de tódolos homes e mulleres que ao longo dos tempos ían cara Compostela. 

Se pensas niso, parece que a visión que se ten tradicionalmente do patrimonio como umha fonte de problemas  está comezando a mudar,e estase a converter en algo digno de ver e recoñecer. É para sentirse ben orgulloso!!

O caso do mosteiro viaxeiro na pestana de retroalimentación. Ábrea!!!!

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0