Saltar navegación

PROTEXEMOS O NOSO PATRIMONIO CULTURAL

Xa falamos nas páxinas anteriores do que era o patrimonio cultural. Probablemente xa teredes chegado á conclusión de que o patrimonio pode ser de moitos tipos, e ás veces non resulta fácil decidir se determinado ben debería entrar na categoría de patrimonio cultural. Como podemos distinguilos? Que cousas merecen ser consideradas patrimonio cultural e cales non? A estas preguntas tentaremos darlles unha resposta nas próximas actividades.

Paio peregrino
Manuel Alonso. Paio peregrino (CC BY-SA)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0