Saltar navegación

RUTA TURÍSTICA

Agora que coñecemos os bens que nos parecen importantes do patrimonio do noso concello podemos elaborar un mapa con rutas no noso territorio para poder visitalos.

DESEÑAMOS AS RUTAS

Coas obras seleccionadas, definimos unha ou varias rutas para visitar aqueles lugares imprescindibles no noso concello.  

Podemos facer unha única ruta ou varias en función do número de fitos que queiramos amosar, a extensión do noso concello, distancia nas rutas. É interesante que usemos o propio Camiño de Santiago como referencia, pois moitos dos fitos a visitar están relacionados co mesmo.

Podes utilizar Google Maps para calcular a distancia entre cada fito e elaborar as rutas propostas.

  • Localiza o teu concello.
  • Indica os puntos de interese a visitar.
  • Calcula as distancias
  • Deseña a ruta

O NOSO MAPA DE RUTAS

A continuación deseñaremos nun mapa a nosa proposta. Podemos marcar os bens destacados do noso patrimonio, sinalizando onde se atopan.

En cada fito de interese podemos incorporar un código QR, de tal forma que calquera persoa, co seu móbil, poderá acceder á información que temos de cada obxecto, monumento ou xacemento.

Ademais poderemos crear un mapa físicamente no noso centro escolar que recolla todos os fitos de interese do noso concello para a consulta de todos.

Recursos

Para facer o mapa coas rutas podemos utilizar as ferramentas Google Maps e OpenStreetView.

  • Google Maps
  • OpenStreetView

Para elaborar os códigos QR que nos levarán á información de cada obxecto ou lugar inventariado:

Visitas guiadas

Xa somos uns expertos e expertas do noso concello. A nosa ruta pódese complementar coa realización de visitas guiadas. Podedes organizarvos en grupos para facer voluntariamente unha visita guiada polo voso concello. Un bo comezo sería ofrecer a visita aos compañeiros e compañeiras do noso centro.

Para iso, haberá que establecer cal é a información básica que nos gustaría que coñeceran os veciños e veciñas do noso concello, así como as persoas que nos visiten. Sería interesante que acordemos un guión de visitas común a todos e que nos sirva para preparar a visita. Para organizarnos, é interesante ter un calendario.

AVALIACIÓN

Nesta ocasión, ademais de autoavaliarnos, elaboraremos unha folla de avaliación do noso traballo para que as persoas que disfrutaron da nosa visita poidan avaliar e proporcionarnos propostas de mellora para novas visitas.

Podes elaborar unha enquisa de avaliación recollendo os aspectos que vos parezan máis importantes para mellorar as vosas guías.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0