CLASIFICAMOS O PATRIMONIO
CLASIFICAMOS O PATRIMONIO
O Patrimonio está constituído por todos os bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deben ser considerados como de interese relevante para a permanencia e a identidade da cultura a través do tempo. Dentro dese Patrimonio, os Camiños de Santiago ocupan un lugar importantísimo.
Podemos diferenciar as seguintes categorías de bens patrimoniais:
1. Inmaterial: segundo a UNESCO, inclúen:
- Tradicións e expresións orais, incluídos os idiomas como vehículo do Patrimonio Cultural Inmaterial.
- Artes do espectáculo.
- Usos sociais, rituais e actos festivos.
- Coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo.
- Técnicas artesanais tradicionais.
2. Material. É un recoñecemento da UNESCO aos lugares que posúen un valor universal excepcional. E de aí que o seu disfrute, coidado e conservación pase a ser recoñecido por todos os pobos do mundo. Inclúen os edificios históricos, xacementos arqueolóxicos e obras de arte.
3. Natural. Está representado polos monumentos naturais construídos por formacións físicas biolóxicas ou por grupos destas formacións, dun valor universal excepcional, dende o punto de vista científico.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0