ELABORAMOS A SOLICITUDE
Por fin, imos redactar a nosa solicitude. Como vedes, existen uns documentos oficiais que teremos que utilizar, pero non se trata só de cubrir papeis. Debemos demostrar que o ben que estamos presentando realmente merece ser protexido.


CONSULTAMOS A WEB
Para facer unha solicitude debemos dirixirnos a páxina web que tedes a continuación, pero o ideal é que o documento vaia acompañado dun informe argumentando os motivos polos que pensamos que ese determinado ben debe ser considerado patrimonio cultural.
Así que, en primeiro lugar imos a entrar na web, onde podemos descargar o impreso de solicitude.
REDACTAMOS O INFORME
Para elaborar o voso informe, primeiro ides facer unha lista con todos os argumentos que vós considerades que poden xustificar esta solicitude. Pensade que entre estes argumentos poden ser válidos todos aqueles que fagan referencia ao valor que ese elemento ten para a xente do barrio, da aldea ou do concello no que se sitúa.
1.
2.
3....
Unha vez feita a lista, debemos transformala nun texto coherente, elaborando primeiro unha introdución onde expoñamos o obxecto da nosa solicitude, desenvolvendo despois os argumentos da lista nun parágrafo organizado por medio de conectores textuais (en primeiro lugar, ademais, tamén...), e por último resumindo nun parágrafo final esta argumentación e volvendo a insistir no obxecto da mesma.
OU SOLICITAMOS A CATEGORÍA BIC
Pero se temos xa algún ben inventariado ou catalogado que consideramos ten un valor excepcional por algún motivo, poderíamos tentar que o seu nivel de protección se incremente e pase a ser declarado BIC. O proceso é algo máis complexo, pero podedes partir do esquema anterior para elaborar a vosa solicitude.
Podedes descargar a documentación na seguinte páxina web.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0