OS CAMIÑOS COMO PATRIMONIO MUNDIAL
Aquí tes algún exemplos de Patrimonio Mundial. Aínda que son de países afastados de nós, non crees que son "un pouco nosos tamén"?
OS CAMIÑOS PATRIMONIO MUNDIAL
Entre todo o Patrimonio hai fitos extraordinarios, dixemos que son recoñecidos en todo o mundo e teñen un nivel de protección máis amplo, unha protección global. Os Camiños do Norte, Primitivo, o Francés teñen esa máxima protección posible. Fan parte do Patrimonio Mundial.
A lista do Patrimonio Mundial que é elaborada pola UNESCO, é un legado de monumentos e sitios de grande riqueza natural e cultural que pertence a toda a Humanidade. Estes lugares cumpren unha función de fitos no planeta, de símbolos de toma de conciencia de estados e de pobos como transmisores da cultura global a xeracións futuras.
Esta é a lista que podes consultar na web:
Nesta lista só están aquelas paraxes, elementos de singular importancia para os homes e mulleres de todo o mundo ,aquelas que nos fan sentir orgullosos e orgullosas das nosas diferentes culturas.
Sabes que...?
Parece que os Camiños non só son de aqueles sitios por onde pasa, ou polas vilas que comunica. Parece que é algo de todos.
Por iso publicáronse os decretos 267/2012, para marcar de un modo claro Camiño de Santiago do Norte; e o decreto 158/2014, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa. Serven para aplicar uns criterios comúns ,para definir o que é histórico, o valor inmaterial, a enquisa etnográfica, como imos ver, o territorio, as infraestruturas e o réxime de propiedade da terra para os Camiños como Patrimonio da Humanidade.
En setembro de 2014 foi avaliado por dous técnicos do Consello Internacional de Monumentos e Sitios Histórico-Artísticos (ICOMOS), órgano asesor da UNESCO. Os avaliadores percorreron 1.500 km. de rutas e coñeceron, un a un, os 16 lugares vencellados ao Camiño de Santiago do Norte propostos para a súa inscrición na Lista do Patrimonio Mundial.
En novembro e decembro de 2014, o ICOMOS requiriu información complementaria e no mes de maio achegouse a avaliación final, recomendándose a inclusión na Lista do Patrimonio Mundial dos camiños do norte.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

