Saltar navegación

BENS RECOÑECIDOS EN GALICIA

Os bens que están recoñecidos como patrimonio cultural deben ter algún tipo de protección por parte das autoridades para evitar todos eses perigos que xa temos visto que corren, e que poden levar ao seu deterioro ou mesmo á súa completa desaparición.

Tanto en España como na Comunidade Autónoma de Galicia están establecidos tres niveis diferentes de protección, dependendo da importancia que se lle conceda a un determinado ben cultural: ben de interese cultural (BIC), ben catalogado e ben inventariado. Esta clasificación non é necesariamente única nin permanente. De feito outros países usan outras clasificacións diferentes, pero é interesante que coñezamos os bens que se poden atopar en cada un destes niveis.

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0