Saltar navegación

OUTROS NIVEIS DE PROTECCIÓN

No caso de que non estea rexistrado como BIC, un ben pode formar parte dalgún dos outros dous niveis de protección: o Catálogo do Patrimonio Xeral de Galicia e o Inventario Xeral do Patrimonio de Galicia. Así, aínda que un ben non sexa considerado BIC, pode estar catalogado como patrimonio ou formar parte dun último nivel, o inventario, que é onde debería estar recollido todo aquel ben que mereza ser conservado. Esto inclúe todos os declarados BIC, os recollidos no Catálogo do Patrimonio Xeral e tamén os recollidos nos catálogos de planeamento xeral dos concellos (documentos elaborados polos concellos onde se decide que zonas sirven para ser urbanizadas ou non)

TEMOS BENS INVENTARIADOS NO NOSO CONCELLO?

Polo tanto, se non conseguimos atopar os bens do noso concello no Rexistro de BIC, imos tratar de atopalos no Inventario Xeral do Patrimonio de Galicia consultando esta páxina e sinalando o noso concello no mapa:

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0