PRACTICA!
ESTUDO DE CASO
O Estado Islámico de Iraq e o Levante ou ISIS: Surxiu hai uns tres anos na zona de Oriente Medio. Autoproclamados como Califato, teñen pretensións non só relixiosas senón tamén políticas, e buscan expandir o seu réxime polos estados islámicos.
Aquí se propón un exemplo moi claro de destrución do Patrimonio de xeito intencionado. Se consultas no apartado de RETROALIMENTACIÓN, verás como as actuación seguen estendéndose polas zonas dominadas polo ISIS.
- Como ves estas actuacións?
- Sería posible que pasara na nosa contorna, sería posible facelo co Camiño?
Neste vídeo que ilustra unha nova deste ano resúmese a actuación do ISIS, o autoproclamado exército Islámico, fronte os restos do seu propio pasado, en Nimrud, cidade asiria patrimonio da Humanidade...
Reflexiona sobre as perdas non só culturais senón tamén económicas que sobre a sociedade iraquí terán estes feitos.
A intoleracia e a falta de cultura son os principais perigos para a conservación do Patrimonio.
OS MÁRMORES DO PARTENÓN
Este é un caso máis complexo, dous países europeos enfrontados por restos do Patrimonio Grego pero tamén do Patrimonio Mundial, lee este artigo da wikipedia os antecedentes do caso.
Reflexiona sobre:
- O papel "salvador" do Museo Británico e os restos do Partenón no século XIX
- Os danos ocasionados ó edificio e os propios relevos na súa extracción e traslado.
- O valor dos restos afastados do seu medio natural...o edificio.
Mira o vídeo para ver a súa localización orixinal. Hoxe en día podes atopalas na sala 18 do British Museum
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
