O CAMIÑO NO MEU CONCELLO

No noso concello temos ademais un ben que ten unha categoría aínda superior a estes tres niveis de protección que acabamos de estudar. Trátase do Camiño de Santiago, recoñecido como Patrimonio da Humanidade. Por suposto, o camiño e o seu territorio son tamén un ben recoñecido como de interese cultural.
PERCORREMOS O CAMIÑO
Para completar este estudo imos facer un percorrido por esa parte do camiño que atravesa o concello, sacando fotografías de todos aqueles aspectos que nos parezan relevantes, para facer despois con eles unha presentación aos nosos compañeiros do instituto, explicándolles a importancia de ter un ben desta categoría ao pé da casa, así como a necesidade de que entre todos colaboremos na súa conservación.
Podedes seleccionar paisaxes que vos chamen a atención, elementos humanos (casas, construcións…), zonas que se atopan deterioradas e sería necesario preservar…
Despois, entre todos, seleccionaremos as fotografías máis interesantes, clasificarémolas por temas, pensaremos os textos e utilizaremos a seguinte ferramenta para facer a nosa presentación:
PRESENTANDO O CAMIÑO
Prezi é una ferramenta on-line que vos permitirá facer presentacións sen necesidade de ter o software descargado no voso ordenador. Podedes ir colocando as vosas fotografías en calquera dos modelos, engadir textos, audios, vídeos, etc.
Aquí vos queda o enlace para a páxina e un titorial para que vexades o simple que resulta o seu manexo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0