CLASIFICANDO OS BENS
CLASIFICANDO OS BENS CULTURAIS
A continuación ides aprender a recoñecer os distintos tipos de bens que existen dentro do patrimonio. Isto vos permitirá facer una tipoloxía para clasificar os bens do voso concello que xa tedes localizados
Nesta actividade deberás relacionar cada definición co concepto ao que fai referencia. Le detidamente as definicións e despois marca a resposta que consideres correcta.
TIPOS DE BENS DO PATRIMONIO CULTURAL
RELACIONA
Para comprobar se todo está entendido, ides tentar relacionar cada una das imaxes que tedes a continuación, cunha das definicións da actividade anterior... Atentos!
COMPROBA OS TEUS RESULTADOS
Queres comprobar os teus resultados?!
Preme no seguinte despregable para comprobar o que aprendiches.
CLASIFICAMOS OS NOSOS BENS
Agora xa sabedes que os bens poden ser móbeis, inmóbeis ou etnográficos. Tamén sabedes que os móbeis poden ser individuais e colectivos, que hai moitos tipos de bens inmóbeis (monumento, conxunto histórico, xardín histórico, sitio ou territorio histórico, zona arqueolóxica, zona paleontolóxica e lugar de interese etnográfico) e que os etnográficos se subdividen en patrimonio inmaterial e patrimonio industrial.
- Seriades capaces de clasificar todos os bens que tedes localizados no voso concello utilizando esta tipoloxía?
REFLEXIONAMOS
Por último, tentade entre todos decidir que características debe ter un ben en cada un dos apartados que acabamos de ver para que deba ser considerado patrimonio cultural.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0