BENS DE INTERESE CULTURAL
É o nivel de protección máis elevado. No Rexistro de Bens de Interese Cultural están incluídos todos os arquivos e museos, os castelos, os xacementos que teñan pinturas rupestres e mesmo os hórreos e cabazos. Cando un ben é declarado de interese cultural, tanto os seus propietarios como as diferentes autoridades teñen a obriga de conservalos, cuidalos e protexelos, para evitar a súa perda, deterioración ou destrución.
CLASIFICACIÓN DOS BENS DE INTERESE CULTURAL
Os bens de interese cultural (BIC) poden ser clasificados, por suposto, segundo a tipoloxía que xa vimos para todo o patrimonio cultural. Imos ver en primeiro lugar se a nosa clasificación coincidiría coa que teñen recibido algúns destes bens na Comunidade de Galicia.
CLASIFICANDO ALGÚNS BIC
Aquí tedes unha galería con seis fotografías de BIC de Galicia. O primeiro que ides facer é tentar clasificalos (lembrade: móbeis, inmóbeis, etnográficos, e as súas correspondentes subdivisións).
COMPROBA OS TEUS RESULTADOS
No rexistro de BIC aparecen recollidos da maneira que aparece no despregable. Se consideras que a clasificación debería ser outra podes expoñer os teus motivos aos teus compañeiros:
INTERVENCIÓNS NOS BIC
Moitas veces un BIC sofre algún tipo de deterioro ou está nunha situación de fraxilidade que obriga a realizar diferentes intervencións para asegurar a súa conservación. Estas intervencións só se deben realizar cando sexa imprescindible, e deben respectar no posible o aspecto orixinal do BIC.
- Podedes localizar algunhas intervencións realizadas nos seis exemplos anteriores?
- Parécevos que todas elas están igualmente xustificadas?
TEMOS BIC NO NOSO CONCELLO?
Agora, imos consultar se os nosos bens teñen este tipo de consideración e xa están recollidos no Rexistro de Bens de Interese Cultural. Para iso iremos á seguinte páxina web e localizaremos o noso concello no documento en pdf:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0