Saltar navegación

SOLICITANDO PROTECCIÓN

É posible que entre os bens por nós localizados haxa algún que non aparezan nin no Rexistro de BIC nin no Inventario Xeral. Cando calquera cidadán atopa un ben que considera que debería gozar dunha protección especial, existen uns procedementos que lle permiten solicitar das autoridades esa protección. Imos ver nas próximas actividades que deberíamos facer para conseguir que os bens do noso concello pasen a estar inventariados e protexidos.

DESCRIBIMOS O BEN

Deberiamos preguntarnos, en primeiro lugar, que características teñen os nosos bens que sexan comúns con algúns dos bens protexidos.

Se hai bens semellantes noutros concellos que si teñen algún nivel de protección é o momento de iniciar un procedemento de solicitude para que os bens do noso concello sexan incluídos dentro do Inventario Xeral do Patrimonio

Para elaborar unha solicitude imos ter que facer unha descrición detallada do ben que queremos inventariar. Temos que ter en conta que esta descrición será diferente segundo o tipo de ben que desexemos inventariar. Será necesario facer un traballo de investigación no que deberemos utilizar bibliografía, buscar axuda das nosas familias e veciños e mesmo facer preguntas no concello.

Só cando teñamos reunida a información suficiente poderemos iniciar a redacción do documento.

 

REUNIMOS INFORMACIÓN

Imos iniciar o traballo de investigación sobre os bens que queremos incluír no inventario. Dependendo do tipo de ben que se trate, deberemos reunir información sobre os aspectos que podedes ver na ficha seguinte. O  ideal sería formar equipos para realizar os distintos apartados.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0