6. Glosario
|
A |
|
Importante cadea de montañas situada na Europa central. O seu punto máis alto é o Mont Blanc con 4810 m. |
|
Sistema montañoso que percorre América do Sur bordeando a costa do océano Pacífico ao longo de 7.500 km. O seu punto máis elevado é o cume do Aconcagua, que se atopa a 6.962 m. |
|
|
Envoltura gasosa que rodea a Terra e outros planetas. |
|
|
Forzas internas da Terra que orixinan deformacións na codia: sismos, volcáns, ... |
|
C |
|
Proceso de achegamento das partículas que compoñen a rocha. |
|
Sólido homoxéneo que ten ordenadas as partículas que o forman. O proceso de cristalización require tempo e condicións axeitadas. |
|
D |
|
Relación entre a masa e o volume dun corpo. d = m/V |
|
E |
|
Elementos químicos capaces de emitir radiacións que poden impresionar placas fotográficas, producir fluorescencia, etc. Exemplos: radio, uranio e radon. |
|
É a capacidade que ten un corpo para producir un traballo. |
|
|
Proceso de desgaste dos materiais que constitúen a superficie sólida terrestre pola acción de axentes xeolóxicos externos, como as augas superficiais, o vento, os seres vivos, etc. |
|
F |
|
Substancia que se deforma con facilidade adaptándose ao recipiente que a contén. Son fluidos os gases e os líquidos. |
|
Lugares onde xorde auga da terra a unha temperatura máis ou menos elevada. É unha manifestación da calor interna do noso planeta. |
|
|
Que pasou do estado sólido ao líquido por un aumento da temperatura. |
|
G |
|
Formacións montañosas máis importantes da Terra: Himalaia, Andes, Alpes, ... |
|
H |
|
Parte líquida da Terra: océanos, mares, ríos, lagos, ... |
|
Unha das grandes cordilleiras. Está en Asia, entre a China, a India e Paquistán. |
|
|
Constituído por elementos da mesma natureza ou moi semellantes. Non se poden distinguir compoñentes a simple vista. |
|
L |
|
Os que se corresponden. |
|
O |
|
Propagación de perturbacións producidas nos terremotos. Transmítense como as ondas que se producen na auga cando deixamos caer unha pedra na súa superficie. |
|
Formación de montañas e cordilleiras. |
|
P |
|
Unha das grandes cordilleiras de Europa, situada entre España e Francia. |
|
Figura xeométrica limitada por segmentos chamados lados. |
|
|
Relación entre a intensidade dunha forza e a superficie sobre a que actúa. P = F/S |
|
|
Dise de dúas magnitudes entre as que se establece unha relación que implica que cando unha delas se multiplique por un número a outra tamén se ve multiplicada polo mesmo número. |
|
S |
|
Cambio do estado líquido ao sólido por un descenso da temperatura. |
|
X |
|
Parte estrutural da Terra que se estende desde a superficie ata o centro do planeta. Está constituída por rochas en estado sólido ou fundidas. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0