Saltar navegación

2.1 Estrutura interna da Terra

A Terra non é un corpo uniforme. Podemos distinguir nel distintas capas: atmosfera, hidrosfera, biosfera e xeosfera.

  • Atmosfera: é a capa gasosa que rodea a Terra
  • Hidrosfera: é a segunda envoltura da Terra formada polas augas superficiais (líquidas e sólidas) e as subterráneas.
  • Biosfera: conxunto de todos os seres vivos que habitan no planeta
  • Xeosfera: constitúe a parte máis interna e fórmana rochas que, á súa vez, están constituídas por minerais.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0