Saltar navegación

4.2 Actividades de matemáticas

 

S53. Complete a seguinte táboa referida a triángulos rectángulos:

Hipotenusa a

Cateto b

Cateto c

13

12

20

12

9

12

10

6

20

21

 

Habilitar JavaScript

 

S54. Se debuxa un triángulo rectángulo, de catetos 3 cm e 4 cm. Poderíamos calcular o valor da hipotenusa sen utilizar unha regra?

S55. Un cadrado ten 5 cm de lado. Calcule canto mide a súa diagonal.

S56. Andrea ten unha cometa que se enganchou na copa dun ciprés. Se a lonxitude da corda da cometa é de 85 m e Andrea está a 63 m de distancia do tronco da árbore, cal é altura do ciprés?

S57. Para coller unha pelota que caeu nun tellado que está a 5 m de altura, apoiamos sobre a parede unha escada de 6 m de alto. Se o pé da escada está a 2 m da base do muro da casa, chegará a escada así colocada para chegar ao tellado?

S58. Calcule a altura dunha torre que proxecta unha sombra de 25 m sabendo que á mesma hora un pau de 2 m de lonxitude proxecta unha sombra de 1,25 m.

 

S59. Pedro quere saber a altura dun poste e aproveita para conseguilo unha poza que hai nas proximidades, na que Pedro pode conseguir ver o extremo do poste. A altura de Pedro é de 1,75 m. Para resolver o problema ten que comezar por localizar dous triángulos semellantes e establecer a relación entre os seus lados.

 

 

 

S60. As rectas a e b son paralelas. Podemos asegurar, a partir das medidas do debuxo, que a recta c tamén é paralela ás rectas a e b.

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0