2.3 Modelo dinámico da superficie terrestre
A codia terrestre non é unha estrutura fixa, senón que nela podemos atopar moitos fenómenos xeolóxicos (formación de montañas, movemento dos continentes, volcáns, terremotos e formación dalgún tipo de rochas) orixinados pola enerxía interna do noso planeta, que fan que a superficie terrestre estea nun lento pero continuo cambio.
Para entender como inflúe a enerxía interna da Terra nestes fenómenos xeolóxicos debemos ter en conta:
- Alta temperatura do núcleo terrestre: os científicos calcularon que o núcleo terrestre se acha a unha temperatura superior aos 4.000 ºC e a altísima presión.
- Correntes de convección do manto: os materiais do manto próximos ao núcleo están a maior temperatura que os situados próximos á codia. Isto fai que teñan unha menor densidade e ascendan cara ao exterior. Ao chegar á zona superior máis fría diminúe a súa temperatura, aumenta a súa densidade e descenden. Así fórmanse unhas correntes circulares chamadas correntes de convección do manto.
-

As rochas do manto móvense de xeito ascendente e descendente dependendo da súa temperatura, en correntes de convección, moi parecidas ás que aparecen nun líquido sometido a unha fonte de calor
- Saída do magma cara ao exterior da codia: estas correntes do manto arrastran grandes masas de rochas moi quentes desde o manto cara á superficie. As rochas fundidas constitúen o magma. Aínda que a litosfera é unha capa ríxida que evita que o magma saia cara ao exterior, en ocasións este escapa a través dos límites entre as placas litosféricas, ou crea fendas nas zonas máis delgadas da codia, normalmente correspondente á oceánica.
O comportamento dinámico da superficie terrestre é explicado por tres grandes teorías:
-
- A deriva continental
- Expansión do fondo oceánico
- Tectónica de placas
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0