A Terra por dentro. Teorema de Pitágoras. Semellanza
2.2 A enerxía interna da Terra
O noso planeta posúe unha enerxía interna que amósase en forma de calor denominada enerxía xeotérmica. Esta calor interna procede de dous procesos diferentes:
- Enerxía acumulada no proceso de formación do planeta: debido ao choque de partículas e fragmentos rochosos que orixinaron o planeta hai uns 4.600 millóns de anos. Desde entón a Terra vai arrefriándose lentamente ao disiparse esta calor cara ao espazo.
- Presenza de elementos radioactivos, como o uranio. Os elementos radioactivos son elementos químicos inestables que no seu proceso de desintegración emiten enerxía.
Actividades propostas
S1. Cal é o principal problema para o estudo da xeosfera? Daquela, que métodos debemos usar para estudar o interior da Terra?
S2. A que se debe a estrutura da Terra en capas?
S3. En que se diferencia a litosfera da codia?
S4. Que é a astenosfera? Como inflúe sobre as placas litosféricas?
S5. Cal é a orixe da calor interna da Terra?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0