Saltar navegación

2.4.2 Terremotos

Outra manifestación evidente da enerxía interna da Terra son os terremotosou sismos; movementos bruscos das capas superficiais da Terra, producidos pola fractura e o desprazamento de grandes masas rochosas do interior da codia. Estes movementos liberan grande cantidade de enerxía de forma repentina e violenta.

Elementos dun terremoto

  • Hipocentro: lugar do interior da Terra onde se orixina o terremoto.
  • Ondas sísmicas: son as vibracións que desde o hipocentro transmiten o movemento en todas as direccións. As ondassísmicas son similares ás que se producen cando deixamos caer unha pedra na auga. Existen varios tipos de ondas sísmicas. Non todas se propagan do mesmo xeito; algunhas destas ondas móvense polo interior da Terra e outras fano pola superficie. Estas últimas son as responsables dos graves danos que causan algúns terremotos.
  • Epicentro: é o lugar da superficie da Terra que está a menor distancia do hipocentro; nel é onde se notan con máis intensidade os efectos do terremoto.
 Elementos dun terremoto

 

[http://www.andaluciainvestiga.com/espanol/cienciaAnimada/sites/volcanes.swf]

 

Actividades propostas

S12. Debuxe un volcán e indique as súas partes.

S13. Faga un esquema que indique os produtos que pode botar ao exterior un volcán nunha erupción.

S14. Que é un terremoto? Por que se producen?

S15. Cal é o lugar da superficie da Terra que sufrira os maiores efectos dun terremoto?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0